Catálogo da exposición retrospectiva homónima, unha das máis ambiciosas mostras de cómic galego xamais realizadas, con catrocentos orixinais. Exposta no Auditorio de Galicia do 6 de marzo de 2008 ao 8 de xuño de 2008, foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar. O catálogo contén pranchas de cómic de Isaac Díaz Pardo, Pepe Barro, Ricardo Lázaro, Catamarca, Manuel Fragoso, Loquis, Ouro, Losada, Xabier Correa Corredoira, Pedro Sardiña, Álvaro de la Vega, Euxío, Geno, Tijarafe, Dolores Torres, Bernar, Gonzalo Viana, Manuel Figueiras, Armando Salas, Nacho Hortas, Xurxo, Ramón Marcos, e ilustracións de Pepe Barro e Miguel Vigo, ademais de obra gráfica de todos os autores ligados nesta mesma ficha. Os textos do catálogo, ademais da introdución dos comisarios, son de Pepe Barro (sobre Reimundo Patiño), Daniel Buján e Rosario Crespo (BD galega no s.XIX), Pedro Porcel (revistas de BD infantil), Carlos Portela (o estado da BD en Galicia) e Marisa Sobrino (cómic e posmodernismo). Leva prefacio de Ánxela Bugallo, conselleira de cultura, e Néstor Rego, concelleiro de cultura de Compostela, ademais dun epílogo a xeito de catálogo de publicacións galegas que provocou certa polémica. O catálogo está publicado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte) e o Concello de Santiago (Concellaría de Cultura). A organización correspondeu a Auditorio de Galicia baixo mecenado de tres compañías privadas. Patrocinado pola Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Feima (Fundación de Arte Galego, Madrid). Houbo en 2007 unha exposición itinerante (Madrid, Barcelona, Lisboa, Porto) chamada ``
La historieta gallega´´, dos mesmos comisarios, tamén responsables do documental ``35 anos de historieta galega´´ (2009).
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2008
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade Única
Depósito legal: C 560-2008
ISBN: 978-84-88484-58-1
ISSN: Carece
Categoría: Catálogos e manuais
Formato: rústica con solapas, 25 x 20 cm, 152 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade:
Concellaría de Cultura (Concello de Santiago),
Consellería de Cultura e Deporte (Xunta de Galicia),
Xunta de Galicia,
Auditorio de Galicia,
FEIMA,
Vicepresidencia da igualdade e do benestar (Xunta de Galicia),
autores
Noticias relacionadas