Un dos máis lonxevos fanzines de Galicia, comezou a publicarse a finais de setembro de 1996 e leva xa sete números publicados. Céntrase fundamentalmente na banda deseñada aínda que tamén ten apartados de creación literaria. Entre os seus colaboradores cóntanse Jille, os irmáns Fontenla, Turi, Juancho, Vanessa López, Isidoro, Carlos Llauger e Sergio e Hugo Covelo. Desde o número 7 é unha publicación gratuíta.
FICHA TÉCNICA
O Porriño (Galicia), 1996
Textos en galego, castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade aperiódica
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 21 x 14.85 cm, páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0.75-1.2 euros
Tiraxe: 200-500 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,