O debuxante coruñés Javier Prieto anuncia a miniserie aperiódica de catro números Hotel Diablos. Esta colección de terror, crime e misterio arranca cunha primeira entrega composta de dúas historias autoconclusivas, Sicario e La deuda del Sr Tavoularis. Hai anos que Prieto comezou a traballar neste proxecto autopublicado, aínda que ultimamente as súas creacións na novena arte centráronse nas publicacións Cretino e Comikaze. O autor di que xa era hora de que publicara algo, levaba demasiado tempo desenganchado do cómic. A BD, de 24 páxinas en branco e negro con capas a cor, pódese comprar por tres euros mediante xiro postal, ingreso ou enviando selos novos. O enderezo postal de contacto é Apdo 4010 A Coruña 15011 e o electrónico é hoteldiablos@hoteldiablos.com
Visita a páxina oficial de Hotel Diablos onde poderás ver mostras do proxecto e unha entrevista co debuxante