Historia escrita e deseñada por Gochi (David P. Seijo) con entintado do Estudio Guinea e cor e maquetación de Gochi. O primeiro número foi autopublicado en agosto de 2002 baixo o selo Esloquehay Producciones e o segundo, xusto un ano despois. Conta a historia de dous amigos de instituto da Coruña que se enfrentan a personaxes de poderes extraordinarios. O estilo de debuxo ten influencia do manga. O número cero e o 2 están en castelán e o nº1 en galego. Concebida como unha serie limitada de 8 números.
FICHA TÉCNICA
A Coruña (Galicia), 2002
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade anual
Depósito legal: C-1930-02, C-494-2003
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, 25 x 15 cm, 24 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 1.5 euros
Tiraxe: 500 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,
autores
Gochi
Debuxante
Guionista
Noticias relacionadas
BD: Radiografía 2011
Publicado o 21 / 2 / 2012
Repasamos a produción galega na novena arte no ano que acaba de rematar