Aínda sendo componente do grupo do Castro, na “Cova das Choias” non se publicaron os seus traballos como se prevía. Segundo el afirma, “foron censurados polo editor alegando que aquilo non o entendía o pobo”. Publicou en “El Ideal Gallego” a BD "Historias dunha vella descoñecida" durante o primeiro semestre de 1974.