» banda deseñada »  autores
nuriadiaz.jpgDíaz Berride, Nuria
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1982   
Nuria Díaz
Debuxante
Debuxante arousá que participou con ilustracións e cómic en diversos concursos autonómicos, así como nos webs www.jpgproject.com e www.chapapote.org e no fanzine Despregable. Contribuiu ás seguintes exposicións: 2005: Exposición do colectivo “Preguntameloami” na Sala de exposicións da escola de Restauración, Pontevedra. 2005: Mostra de Arte Digital “Delirium” no Café Tetuán de Cambados. 2006: Mostra de pintura “Tipos” no café La Marina de Villagarcía de Arousa. Na actualidade non se adica ao cómic.

Palmarés
1999: 2º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2001: 1º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2002: 3º premio XVI certame Artes Plásticas, modalidade de debuxo, categoría adultos. 2003: 2º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2003: 3º premio XVII certame Artes Plásticas, modalidade de debuxo, categoría adultos. 2004: 2º premio concurso de cómic de Arteixo (IX edición), categoría xuvenil, pola historia “Circunstancias”. 2004: Premio cómic, ao mellor guión no concurso on-line (www.Xperman.com). 2004: 3º premio no Concurso de Cómic de Cangas.

Formación específica
1995-1997: clases de pintura na Asociación cultural Niños pintores de Arousa. 1997-1999: clases de debuxo e pintura no taller de Carlos Abeijon. 1999: curso de cómic impartido pola concellaría de Xuventude de Vilagarcía de Arousa (30 h.). 2003: seminario de linguaxe cinematográfica (cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo), impartido na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. 2004: curso de dirección artística (Extensión Universitaria), impartido na facultade de Belas Artes de Pontevedra. 2004: taller de Ilustración impartido por Miguelanxo Prado no I.E.S. Torrente Ballester de Pontevedra. 2005: seminario de 8 horas de 3D Max, impartido na escola PC Carrier de Santiago.
publicacións
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

As 'Afinidades selectivas' xuntarán creadores galegos e do resto das linguas estatais
Publicado o 19 / 6 / 2024
Quince espazos en Galicia acollerán estes encontros a dúas voces que tamén levarán a autores galegos polo resto do Estado
Os Premios Follas Novas do Libro Galego dan a coñecer os seus 39 finalistas
Publicado o 3 / 4 / 2023
O volume sobre a historia da compañía Chévere acumula tres candidaturas nestes galardóns
Un total de 80 obras optan aos premios Follas Novas do Libro Galego
Publicado o 25 / 1 / 2023
A organización dos galardóns fixo pública a primeira selección de candidaturas
Luís Yang e Uxía Larrosa son os gañadores do XVII Premio Castelao de BD
Publicado o 15 / 7 / 2022
Francisco Pérez impúxose na modalidade infantil e xuvenil do certame da Deputación da Coruña
A sustentabilidade dos festivais protagoniza a XII xornada A cultura é un dereito
Publicado o 19 / 5 / 2022
Un vindeiro encontro abordará a importancia dos certames poéticos na literatura do pais
Un pinchacarneiro metido no peto
Publicado o 11 / 11 / 2021
O CCG e o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego presentan o web de Xogos Tradicionais
Catro nomes reparten as axudas para asistir a feiras do sector do libro
Publicado o 2 / 10 / 2019
Nuria Díaz Berride, Yolanda Castaño, Anxo Fariña e Jano son as persoas beneficiadas

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org