Os Premios Follas Novas do Libro Galego dan a coñecer os seus 39 finalistas

O volume sobre a historia da compañía Chévere acumula tres candidaturas nestes galardóns

3/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
69 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe dos premios Follas Novas.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia daban anunciaron este 3 de abril as 39 candidaturas que optarán aos Premios Follas Novas do Libro Galego na súa edición 2023 nas 13 categorías existentes.
Na selección de finalistas, Antía Yáñez, Berta Dávila e Moncha Fuentes compiten pola mellor obra de narrativa con Non penses nun elefante rosa, Os seres queridos e O tradutor de sombras respectivamente. Na listaxe destaca o volume Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural, que compite nas categorías de mellor iniciativa bibliográfica, mellor libro de teatro e obra mellor editada. Tamén Barroco de Antía Otero está presente na sección de libro mellor editado e mais na de mellor obra de poesía, onde compite con Materia de Yolanda Castaño e Montaña Ioga de Lupe Gómez. Completa a categoría de obras mellor editadas Criptografías, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos e publicado por Alvarellos Editora En iniciativa bibliográfica son tamén finalistas dúas antoloxías sobre autoras, Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) De Chan da Pólvora Editora e mais Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas) de Urutau. No apartado de ensaio chegaron a final A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea de Daniela Ferrández Pérez, A música das palabras, título póstumo de Darío Xohán Cabana, e mais Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza de María do Cebreiro. En canto ás mellores iniciativas de promoción da lectura, o galardón decidirase entre a Canle de Youtube de Neeumatiko, o Instagram Surfeando libros e mais as traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña, que ao longo dos últimos meses desenvolveron múltiples protestas polas demoras nos pagos da empresa adxudicataria deste servizo. O fallo destes galardóns daranse a coñecer o vindeiro 22 de abril nunha gala que se desenvolverá no Teatro Principal de Compostela. Segundo destaca a organización, esta selección "son o resultado dun proceso de selección de catro fases e que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega". Listado Finalistas dos Premios Follas Novas 2023 PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia PREMIO Á OBRA INFANTIL Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (lustrador). Edicións Xerais de Galicia PREMIO Á OBRA XUVENIL A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador) Edicións Embora PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR Miñoca e pega. Iván Raña, Ramón Veiga. Edicións Xerais de Galicia Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoo, Xosé Tomás. Edicións Embora Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo. Demo Editorial PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) . VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas) . VV. AA. Editora Urutau PREMIO Á OBRA TRADUCIDA Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editorial Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Țîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora PREMIO AO LIBRO DE POESÍA Barroco. Antía Otero. Apiario Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior PREMIO AO LIBRO DE TEATRO As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO Barroco. Antía Otero. Apiario Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA Canle de Youtube de Neeumatiko Surfeando libros Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña

Universo culturagalega.gal