Participou na produción da versión animada de "O Carrabouxo". Ten impartido diversos obradoiros de banda deseñada para nenos e feito traballos como ilustrador para diferentes empresas e institucións. Desde finais dos oitenta ven colaborando en fanzines de todo o estado como "El Cretino", sendo persoalmente o promotor de "El Bolchevique Vespertino" e "Esto es la guerra", unha exitosa parodia da "Guerra das Galaxias". É autor da serie "Expediente Hércules" que publicou o diario "La Opinión de A Coruña". Colabora na organización do certame de banda deseñada de Arteixo, dirixindo varios anos a publicación da revista dos gañadores. Tamén é un coñecido muralista, obras súas pódense ver en diversos locais de copas da Coruña.
Formación específica
Curso estudos de Deseño Gráfico na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso.