Coñecido tamén como ilustrador de literatura infantil-xuvenil, Ten colaborado en diversos fanzines entre os que se contan "Lixo", "Morrerás esganado" e "La Carallada" e con xornais como o "Diario de Pontevedra" (co seu personaxe Probiño), "El Correo Gallego" ou "A Nosa Terra" con caricaturas. Actualmente colabora na revista "BD Banda".
Palmarés
Foi Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (da Casa da Xuventude de Ourense) en 1997, ao gañar o 1º premio no XIII Concurso Galego de Banda Deseñada ese ano, pola historia "Illados". Mereceu un accésit no III Certame Ourense de BD (1993) por "O rapaz que tiña dous ollos". Recibiu o 5º premio XIV Concurso Galego de BD (1998) coa historia "Noites asasinas".