Desde este mércores 5 e ata o 20 de xuño, as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago 'Caleidoscopio' celebrarán a súa cita anual coa música de vangarda dos séculos XX e XXI e o diálogo entre artistas, formacións e creacións contemporáneas. A capital galega volve ser escenario para a residencia da Joven Orquesta Nacional de España, que ofrecerá no Auditorio de Galicia 5 concertos na compaña do Ensemble Modern e o Trío Arbós. A programación complétase coas intervencións da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, o Ensemble Liberdade e a compañía de danza lookathingsdifferent ao son da música en vivo de Nico Casal. Baixo o título 'Caleidoscopio', as XMC'24 ofrecerán sete concertos e un espectáculo de danza con música e directo. O Auditorio de Galicia, o CGAC e o Teatro Principal servirán de escenario a esta edición
Ademais da participación da Joven Orquesta Nacional de España, que actuará en Compostela baixo a dirección de Pablo Rus Broseta e na compaña do Ensemble Modern, o Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, as Xornadas contarán coas actuacións do Ensemble Liberdade dirixido por Xacobe Martínez Antelo, a compañía de danza lookathingsdifferent coa colaboración do compositor e pianista compostelán Nico Casal e a Banda de Música de Santiago de Compostela dirixida por David Fiuza e acompañada doutros dous solistas galegos, o contrabaixista Antonio Romero Cienfuegos e o saxofonista Rafael Yebra. A programación percorrerá unha importante mostra da creación musical contemporánea dos últimos anos do século XX e os primeiros do século XXI, reflectindo á súa vez a diversidade de xénero e procedencia das súas autoras e autores. Todos os concertos son de balde sen necesidade de reserva até completar a capacidade das salas e irán precedidos de sesións de comentarios ao programa conducidas pola musicóloga Rosa Fernández. Baixo o título Miradas Sonoras estas sesións comentadas arrancarán ás 19.30 horas no espazo de celebración dos concertos.
Un novo encontro coa JONDE
A Joven Orquesta Nacional de España volve escoller Santiago de Compostela para celebrar o seu encontro anual. Do 31 de maio ao 4 de xuño a JONDE fará do Auditorio de Galicia o centro da súa actividade artística e formativa cara ao estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. As e os 45 integrantes da formación, con idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, traballarán en ensaios parciais ou seccionais nas diferentes especialidades instrumentais, con docentes de recoñecido prestixio na contorna estatal e internacional. Durante este período perfilarán dous recitais liderados polo reputado conxunto alemán Ensemble Modern, baixo a batuta de Pablo Rus Broseta como director convidado e con Isabel Rubio como directora asistente, que se presentarán en concerto na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia os días 5 e o 9 de xuño ás 20.30 horas. Tamén traballarán en tres proxectos de cámara, neste caso coa tutela do Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, que se ofrecerán en concerto os días 6, 7 e 8 de xuño na Sala Mozart do Auditorio, tamén ás 20.30 horas. Nestes 5 concertos da JONDE interpretarase un total de 22 obras, entre as que se contan 6 estreas absolutas: dúas delas creadas polas compositoras María José Arenas e María de Alvear e outras catro especialmente encargadas pola JONDE para este proxecto e ideadas por Helga Arias, Inés Badalo, Alberto Carretero e Hugo Gómez-Chao.
Vangarda sonora e diálogo entre disciplinas artísticas
O martes 18 de xuño, tamén ás 20.30 horas pero no Teatro Principal, a compañía de danza lookathingsdifferent presentará SOMOS, un traballo ao tempo delicado e de gran esixencia física que procura desdebuxar roles de xénero e estereotipos ao son da música orixinal concibida por Nico Casal e interpretada en vivo por este compositor compostelán. SOMOS é un dialogo entre dous corpos e todos os seus camiños, un espazo que convida a apreciar a beleza da arte a través do movemento e do son e abrir a ollada e o oído a novas posibilidades expresivas. As entradas, poderán ser adquiridas a 10 euros co 50% de desconto para os colectivos habituais.
A aposta pola anovación compositiva continúa no programa desenvolvido pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela para o peche destas Xornadas. O último concerto da edición terá lugar o xoves 20 de xuño ás 20.00 horas no Principal e a entrada será de balde previa retirada de convites nas canles habituais de Compostela Cultura. David Fiuza dirixirá a formación nun programa con tres estreas absolutas compostas por Xosé Carlos Seráns Olveira, Federico Mosquera e Fernando Ruibal e unha obra de Juan Fernández Guzmán. A BMSC contará nesta ocasión coa actuación doutros dous solistas galegos: o contrabaixista Antonio Romero Cienfuegos e o saxofonista Rafa Yebra.