As Xornadas de Música Contemporánea de Compostela adiántanse este ano respecto ao seu calendario habitual que viña facendo dela unha cita outonal para situarse este ano dacabalo entre a primavera e o verán. Este mércores 6 de xuño fará comezo esta edición que se prolongará ata o venres 29 do mesmo mes. Co traslado á temporada estival, as XMC inclúen en 2018 concertos ao aire libre. A praza de Cervantes e o Parque de San Domingos de Bonaval súmanse, asÃ, a escenarios xa habituais do certame, entre os que se contan este ano o Auditorio de Galicia, o CGAC, a Igrexa da Universidade e o seu Paraninfo. Baixo o tÃtulo Música, Memoria e Emoción a proposta deste ano celebra a pegada e a obra de Enrique Xerardo MacÃas (1958 - 1995), compositor vigués que abriu a música galega a outras sonoridades e formou parte dos fundadores deste certame en 1987.
Ademais, a programación conmemora outras figuras e acontecementos de fonda relevancia na escena internacional e na contorna musical galega, como o centenario do pasamento de Claude Debussy (1862-1918), o 170 aniversario da Banda Municipal de Música de Santiago, o 70 aniversario da Banda Municipal da Coruña, ou a visita a Galicia do Pergamiño Vindel musicado por MartÃn Códax. Ao tempo, poñen o foco na visibilización do labor e a valÃa das mulleres na música, co gallo de contribuÃr á consolidación e normalización da presenza feminina en todos os ámbitos da sociedade. Os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade. O broche final das Xornadas de Música Contemporánea o porá nesta ocasión a representación teatral da obra A cabeza do Dragón, de Ramón MarÃa del Valle Inclán a cargo de Producións Excéntricas. A música deste espectáculo é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López que, nesta ocasión, dirixirá o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real FilharmonÃa de Galicia.
Programa completo das XMC 2018.Ademais, a programación conmemora outras figuras e acontecementos de fonda relevancia na escena internacional e na contorna musical galega, como o centenario do pasamento de Claude Debussy (1862-1918), o 170 aniversario da Banda Municipal de Música de Santiago, o 70 aniversario da Banda Municipal da Coruña, ou a visita a Galicia do Pergamiño Vindel musicado por MartÃn Códax. Ao tempo, poñen o foco na visibilización do labor e a valÃa das mulleres na música, co gallo de contribuÃr á consolidación e normalización da presenza feminina en todos os ámbitos da sociedade. Os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade. O broche final das Xornadas de Música Contemporánea o porá nesta ocasión a representación teatral da obra A cabeza do Dragón, de Ramón MarÃa del Valle Inclán a cargo de Producións Excéntricas. A música deste espectáculo é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López que, nesta ocasión, dirixirá o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real FilharmonÃa de Galicia.