Artista valenciá afincada en Galicia, participou na revista Nosotros Somos Los Muertos 12, 14 e 15 e foi membro do Fanzine Enfermo. Publicou no suplemento Culturas de La Vanguardia.
Palmarés
Mención de honra no concurso Valencia-Crea (2006) na modalidade cómic. Segundo premio no concurso de cómic Vanguarclasidia de Salamanca (2006). Primeiro premio no certame de ilustración INJUVE (2006). Primeiro premio de cómic no concurso Centro 14 (Alacante, 2007). Candidata ao premio a mellor autor revelación no 26 Saló do Còmic de Barcelona (2008). Premio no concurso de ilustración infantil Pura e Dora Vázquez (Deputación de Ourense, 2008). Coa historia Ventrílocuo gañou o segundo premio do certame Gz Crea da Xunta de Galicia (2008). Na categoría de solidariedade, recibiu o primeiro premio do II Concurso Creacómic (2009), grazas á obra “Emigración”.
Formación específica
Licenciada en Belas Artes pola Universidade San Carlos (Valencia, 2003). Ciclo Superior de Ilustración na Escola Masasana (Barcelona, 2006).
publicacións
Álbum
Enfermo
Debuxante,
Guionista,
Noticias relacionadas
Crear en 2012 (I)
Publicado o 19 / 12 / 2012
Repasamos o que deu de si o ano nas industrias culturais nunha serie de dúas reportaxes