Comeza a través da banda deseñada nas revistas viguesas dos anos 80 (Castrellis, Katarsis, Escupe), publica en diversos xornais entre os que cabe destacar a Peneira e A Nosa Terra. Licenciase en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Zooloxía Mariña, pola Universidade de Santiago no 1989 o que lle abre paso á ilustración científica e naturalista, traballando como profesional entre 1989 e 1998, doutorase en bioloxía no 2003. Ten realizado ilustración de libros infantís, libros escolares, carpetas de discos, logotipos e carteis.
Palmarés
Realizou algunhas das ilustracións do libro Naturaleza en perigo de extinción, Consello da Cultura Galega, Premio da crítica 1990. Diversos premios en convocatorias competitivas de cartelería.
publicacións
Revista ou comic-book
Coiote
Debuxante,
Revista ou comic-book
Katarsis
Debuxante,
Noticias relacionadas
O 2022 desde o miradoiro (1)
Publicado o 29 / 12 / 2022
Beli Martínez, Pilar Sampedro e Ana Abad repasan os fitos do ano no audiovisual, a literatura e o teatro