Lois Patiño competirá na sección oficial da Berlinale coa súa nova curtametraxe

"El sembrador de estrellas' é unha viaxe pola noite de Tokio

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma do filme.

Fotograma do filme.

Lois Patiño non é un novato no Festival Internacional de Cine de Berlín, a famosa Berlinale. Alí estreou en 2020, na sección Fórum, o filme Lúa Vermella, ambientado nunha Costa da Morte entre a lenda e o realismo social. Agora dá un salto e participa directamente na Sección oficial co seu novo traballo, a curtametraxe "El sembrador de estrellas". Trátase dun filme curto ambientado en Tokio, "un viaxe onírico e espiritual inmersivo polo hipnótico universo noturno da cidade", e con referencias a filmes míticos como Blade Runner ou ás pinturas de paisaxes orientais. A curtametraxe é unha produción do propio cineasta, con deseño sonoro de Xabier Erkizia e fortes influencias do cyberpunk, que constrúen arquitecturas futuristas de neón. Os diálogos están construídos, segundo Patiño, "con certo cripticismo poético inspirado nos koan -ensinanzas místicas do budismo zen".

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Berlinale, Tokio, Cine...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos