Un dos máis talentosos e prolíficos humoristas gráficos galegos da historia, dotado de tanto enxeño como retranca. Cofundou a primeiros dos setenta con Xosé Díaz Arias e Luís Caparrós Esperante o grupo de banda deseñada de O Castro. Este colectivo publicaría desde Suíza a revista “A cova das choias” (1974), en cuxo único número se combinaba a crítica social e a experimentación formal. Entre 1973 e 1975, participou en exposicións pioneiras da novena arte en terras galegas. Subversivo e irreverente, parodiou na transición á democracia o status quo tanto político como económico da época, e tamén os estamentos militares e relixiosos. Chichi Campos, como director, e José Ramón López fundaron en 1973 a galería de arte Mestre Mateo na Coruña, proxecto que duraría un lustro. Campos colaborou con numerosas publicacións galegas e foráneas.
publicacións
Noticias relacionadas
Ladridos que fixeron historia
Publicado o 5 / 10 / 2023
Culturagalega.gal súmese ao 40 aniversario de Can sen dono coa publicación da colección completa de portadas da histórica revista