culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Celebramos o aniversario de Otero Pedrayo cun sorteo de libros
Promoción

AGASALLAMOS DOUS LOTES DE LIBROS NO ANIVERSARIO DESTE INTELECTUAL INDISPENSABLE PARA A NOSA CULTURA
SORTEO FINALIZADO

Celebramos o aniversario de Otero Pedrayo cun sorteo de libros


6 / 3 / 2013
Santiago. Redacción

O pasado martes 5 de marzo de 2013, a Fundación Otero Pedrayo celebrou na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba o 125 aniversario do nacemento de don Ramón Otero Pedrayo. Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 5 de marzo de 1888- 10 de abril de 1976) é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega, personalidade sobranceira da chamada Xeración ou Grupo Nós, do que formaron parte entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, etc.

Otero Pedrayo pertence ao grupo de intelectuais que, sobre todo no primeiro terzo do século XX, construíron o que podemos denominar “a cultura galega da modernidade”; foi tamén un dos fundadores da Editorial Galaxia. Con libros de poesía desta editorial queremos desde Cultura Galega.org celebrar este aniversario sorteando dous lotes de libros da colección Dombate de poesía de Galaxia entre todos os que contestedes correctamente a seguinte pregunta: Cal é o título do único libro de poesía que publicou Otero Pedrayo en vida?

Pregunta:

Cal é o título do único libro de poesía que publicou Otero Pedrayo en vida?


As respostas enviaranse antes das 15 horas do mércores 13 de marzo ao correo lg3@culturagalega.org .


O correo debe levar como asunto “sorteo Otero Pedrayo” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá seis nomes de xeito correlativo.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do xoves 14 de marzo no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Editorial Galaxia e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado



Resposta: Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958)

Gañadores:
Francisco García Quiroga
Cristina Fernández Santomé


Hoxe en culturagalega.org

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"
A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente
O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel Domínguez coa historia de intriga 'Monstros'
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea
O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios
Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol
Xinzo reparte os seus Premios da Cultura
A obra A lingua dos ósos relata a súa experiencia en Serbia
Fran Fernández Davila gana o premio Camilo José Cela de Narrativa
Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo
A arte busca os camiños da profesionalización
Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro
Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal
A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores
A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas
O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra
Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia
O investimento de 192.000 é o primeiro paso para o centro que homenaxeará o arquitecto Rodolfo Ucha
O Concello de Ferrol merca a futura sede do Museo do Modernismo
Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo
Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo
Recibirá 1.000 euros polo seu proxecto Os días que foron, 2014-2018
Jesús García faise co V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega
A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional
Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org