culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Libros para os máis cativos
Promoción

CONSEGUE UN LOTE DE LIBROS ILUSTRADOS PARA LECTORES DE ENTRE 3 E 7 ANOS DA EDITORIAL OQO SORTEO FINALIZADO

Libros para os máis cativos


3 / 4 / 2012
Santiago. Redacción

O pasado 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil. A literatura para cativos é un dos segmentos máis potentes e activos do noso sistema editorial e de lectores. En Galicia temos varias editoras que son punteiras neste sentido e que cada ano conseguen exportar os seus libros en varios idiomas e colocalos en prestixiosas listas entre os mellores do mundo. A editorial pontevedresa OQO é un exemplo neste sentido e agora algúns dos seus libros poden ir á túa casa para deleite dos cativos que ti máis queiras. Ofrecémosche agora a posibilidade de obter un lotes de libros que sorteamos de OQO da súa colección O para lectores/as de entre 3 e 7 anos. Sortearemos o lote entre todos os que contestedes correctamente unha sinxela pregunta: Como se chama a lista de 250 mellores libros infantís do mundo na que hai un libro de OQO este ano?

Pregunta:

Como se chama a lista de 250 mellores libros infantís do mundo na que hai un libro de OQO este ano?



As respostas enviaranse antes das 15 horas do luns 16 de abril ao correo lg3@culturagalega.org


O correo debe levar como asunto “sorteo OQO” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do martes 17 de abril no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de OQO e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado


Resposta: White Ravens

Gañadora: Susana Sarandeses Fente

Hoxe en culturagalega.org

Ocupará a vacante de Bernardino Graña
Ernesto González Seoane foi escollido novo academico da RAG
Noa e Lara Castro Lema e mais Nuria Figueiredo foron tamén galardoadas no certame compostelán
Andrés Rodís obtén o XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis
Un total de 14 iniciativas resultaron beneficiadas nesta convocatoria
A Agadic reparte 300.000 euros para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais
O poemario Oito días será publicado pola editorial Apiario
Nuria Mosqueira faise co premio Filomena Dato de poesía
Consta de nove paneis con motivos xeométricos ou circulares
O colectivo A Rula localiza un importante conxunto de arte rupestre en Vimianzo
A produción, dispoñible na nosa lingua, está ambientada en Santo André de Teixido
Un deseñador turco aposta polo galego no videoxogo Hellkind
Catorce compañías participan do programa entre o 10 e o 12 de outubro
O VIII Festival Quincegotas medra e enche a Coruña de danza
Este venres estréase en Rianxo a adaptación escénica destes personaxes baixo dirección de Quico Cadaval
Mofa & Befa encaixan nos traxes de 'Os dous de sempre' de Castelao
A poboación que nunca asiste a teatros e museos aparecen coma os nosos puntos febles
A enquisa de hábitos do Ministerio amosa activismo cultural e amor pola música en Galicia
Irá destinada ao Seminario de Santa Catalina
A diócese de Mondoñedo-Ferrol recibe a biblioteca de Aquilino Iglesia Alvariño
Celébranse 150 anos do nacemento do artista
A Fundación Barrié celebra a vida artística de Álvarez de Soutomayor cunha grande exposición
O xurado gabou a compañía como "impulsores dun novo circo galego"
Pistacatro obtén o Premio Nacional de Circo 2025
Un feixe de profesionais da música e da escena manteñen vivo repertorio destes artistas ambulantes tradicionais
Os vellos cegos de hoxe
O Festival Internacional de Teatro achega 24 funcións á Cidade das Burgas entre o 16 e o 26 de outubro
Cinco estreas protagonizan a nova edición do FITO en Ourense
A actividade desenvolverase a partir do 15 de outubro
A cidadanía poderá visitar o Teatro Cine Fraga antes da súa rehabilitación
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org