culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Un agasallo de medo e fantasía
Promoción

CONSEGUE UN DOS DOUS LOTES DE LIBROS QUE SORTEAMOS DA EDITORIAL URCO
SORTEO FINALIZADO

Un agasallo de medo e fantasía


29 / 2 / 2012
Santiago. Redacción

O Centro Comercial Área Central de Compostela acolle entre o 2 e o 4 de marzo o primeiro outlet do libro. A iniciativa conta coa participación de varias editoriais da área de Santiago entre as que está a editorial Urco, todas elas porán á venda material descatalogado, restos de edicións ou volumes con taras a prezos que estarán entre o 1,5 e os 3 euros. Se non podes ir ata alí ofrecémosche agora a posibilidade de obter un dos dous lotes de libros que sorteamos de Urco Editora, libros de terror e ciencia ficción desta editorial especializada. Sortearemos os lotes entre todos os que contestedes correctamente unha sinxela pregunta: En que colección de Urco Editora está publicado o libro O mundo secreto de Basilius Hoffman?

Pregunta:

En que colección de Urco Editora está publicado o libro O mundo secreto de Basilius Hoffman?


As respostas enviaranse antes das 15 horas do mércores 7 de marzo ao correo lg3@culturagalega.org .


O correo debe levar como asunto “sorteo URCO” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá tres nomes de xeito correlativo.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do xoves 8 de marzo no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Urco Editora e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado


Resposta correcta: Colección Alcaián

Gañadores:

Ánxela Chillón Álvarez

Xoan Sampaiño Villagra

Hoxe en culturagalega.org

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"
A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente
O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel Domínguez coa historia de intriga 'Monstros'
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea
O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios
Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol
Xinzo reparte os seus Premios da Cultura
A obra A lingua dos ósos relata a súa experiencia en Serbia
Fran Fernández Davila gana o premio Camilo José Cela de Narrativa
Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo
A arte busca os camiños da profesionalización
Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro
Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal
A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores
A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas
O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra
Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia
O investimento de 192.000 é o primeiro paso para o centro que homenaxeará o arquitecto Rodolfo Ucha
O Concello de Ferrol merca a futura sede do Museo do Modernismo
Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo
Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo
Recibirá 1.000 euros polo seu proxecto Os días que foron, 2014-2018
Jesús García faise co V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega
A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional
Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org