culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Elixe a noticia do ano e gaña un lote de libros infantís de agasallo
Promoción

SORTEAMOS DúAS DAS PUBLICACIóNS INFANTíS MáIS DIVERTIDAS DE EDITORIAL GALAXIA
SORTEO PECHADO

Elixe a noticia do ano e gaña un lote de libros infantís de agasallo


22 / 12 / 2011
Santiago. Redacción

Está a rematar un ano cheo de noticias sobre a cultura en Galicia, algunhas boas e outras malas. Entre as boas está por exemplo o esforzo continuado de moitas das editoras do país por ofrecer cada vez mellores e máis imaxinativos produtos, como a recente edición do libro Criaturas. Só lles falta falar baseado no programa de televisión do mesmo nome ou os libro-discos para cativos da formación Mamá Cabra, os dous debidos a Editorial Galaxia. E estes son os agasallos que podes gañar neste sorteo: un lote comprendido por un exemplar do libro Criaturas. Só lles falta falar e un exemplar do libro- disco Ola.ola.la!. Para conseguilos destaca de entre todas as noticias que nós editamos ao longo do 2011 a que che pareza máis relevante para ben ou para mal e poderás entrar no sorte dun lote de dous libros infantís da Editorial Galaxia que poden ser un perfecto agasallo de Reis. Sorteamos un lote destes dous libros doados por Editorial Galaxia entre todas as persoas que “twiteedes” a través dos vosos perfís algunha noticia do 2011 da nosa Hemeroteca incluíndo en todos eles a “etiqueta #culturagalega2011 e a fonte “via@culturagalega”, é moi doado a través do botón de envío a Twitter de cada noticia.

pregunta

Destaca unha das noticias de Cultura Galega deste ano que acaba!


A noticia seleccionada publicarase en Twitter usando o botón que incluímos na correspondente páxina de noticia e que xa inclúe automaticamente a etiqueta e a fonte. Simplemente tes que escoller na nosa hemeroteca a noticia que máis te preste, pinchar nela e "twitteala".

A mensaxe en Twitter deberá comezar coa etiqueta #CULTURAGALEGA2011 e rematar con “via@culturagalega” levando entremedias o título da noticia seleccionada e a súa ligazón.

Tedes toda esta semana para facelo ata as 12 horas do 29 de decembro.

Cada persoa só poderá participar unha vez a través dun perfil identificable de Twitter. As participacións a través de perfís con pseudónimo non entrarán no sorteo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un só nome.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do venres 30 de decembro a través do perfil de Culturagalega en Twitter e no portal nesta páxina de Promocións.

Á persoa gañadora pediránselle os seus datos de contacto para facerlle o envío dos libros de Editorial Galaxia.

Sorteo pechado


Gañador:

@lg_an (Antón)

Hoxe en culturagalega.org

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"
A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente
O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel Domínguez coa historia de intriga 'Monstros'
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea
O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios
Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol
Xinzo reparte os seus Premios da Cultura
A obra A lingua dos ósos relata a súa experiencia en Serbia
Fran Fernández Davila gana o premio Camilo José Cela de Narrativa
Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo
A arte busca os camiños da profesionalización
Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro
Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal
A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores
A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas
O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra
Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia
O investimento de 192.000 é o primeiro paso para o centro que homenaxeará o arquitecto Rodolfo Ucha
O Concello de Ferrol merca a futura sede do Museo do Modernismo
Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo
Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo
Recibirá 1.000 euros polo seu proxecto Os días que foron, 2014-2018
Jesús García faise co V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega
A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional
Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org