A Asociación Galega de Editores presentará na tarde do venres a revista “Novas de Libros”, un trimestral de oitenta páxinas coordinado por Francisco MacÃas que tentará dar máis visibilidade á produción editorial e chegar ata as mans dos lectores potenciais. Edicións Xerais prepara un gran desembarco na feira coa presentación de varias novidades como “Benquerida catástrofe”, de Teresa Moure ou “A vida secreta de MarÃa Mariño”, de Fran Alonso, ademais de outras moitas que incluirán sinaturas de libros. Pola súa banda Galaxia fai tamén dúas presentacións absolutas cos libros “O soño da febre” de Miguel Anxo Murado e “Arte e parte”, de Xurxo Borrazás, ademais de organizar a proxección da pelÃcula “O bosque de levas” e varios contacontos dos seus autores.
Máis información na Asociación de Editores Galegos