A edición galega estará presente en Barcelona de xeito especial durante unha semana ata o Día do Libro

San Jordi e San Xurxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación Galega de Editores xunto coa Galería Sargadelos organizan en Barcelona a Semana do Libro Galego coincidindo coa celebración do Día do Libro o 23 de abril. O local de Sargadelos na capital catalá acollerá catro presentacións de libros galegos das editoriais Xerais e Baía entre o mércores e o sábado, así como a presentación do Proxecto Século 21 de Galaxia, Ediciós do Castro e Edicións do Cumio. Durante o Día do Libro a galería estará aberta e contará ademais cun posto na Rambla de Cataluña á altura do Carrer de Provença onde se fará a sinatura de libros a cargo de Xosé Manuel Fernández Costas, Alfredo Conde e Xosé Lois García durante a mañá.

Máis información na AGE

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día do Libro, Barcelona, Editores, Galería...