María Lado gaña o premio de poesía Avelina Valladares da Estrada

Nove gaña a décima

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A décima edición do premio de poesía convocado polo Concello da Estrada fallouse a favor da obra “Nove” de María Lado Mariño. O xurado, composto por Xosé Luna, María Xesús Nogueira, Miguel Outeiro e Noni Araujo decantouse por esta obra de entre as 49 presentadas. O premio ten unha dotación de 1.500 euros e publicación, e será o vindeiro Día das Letras galegas cando se fará a cerimonia de entrega xunto coa tradicional ofrenda diante do monumento dedicado a Marcial Valladares. María Lado ten na rede o blog Casatlantica.

Maís información en La Voz de Galicia
e sobre María Lado na BVG

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Lado, Poesía, Marcial, María Xesús Nogueira...