O concello de Santiago e a Xunta inauguran en Bonaval un espazo cultural para artistas novos

O triángulo cultural

12/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces
A antiga escola situada ao lado do Museo do Pobo Galego acaba de converterse nun espazo expositivo para novos valores creativos. Trátase de “Zona C”, o proxecto cultural que manteñen a Consellaría de Cultura e o Concello de Santiago. A exposición “O debuxo por diante. Obra gráfica das coleccións públicas da Cidade de Compostela” abrirá o martes 13 de marzo a programación expositiva deste novo espazo cultural.

Máis información en La Voz de Galicia, no web do Concello de Santiago e en Galicia Hoxe

Universo culturagalega.gal