Santiago, Mondoñedo e Celanova conmemoran o aniversario do nacemento de San Rosendo

Rudesindus

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
San Rosendo naceu en Portugal (San Tirso), foi bispo de Mondoñedo, fundador do mosteiro de Celanova e administrador da sede de Iria-Compostela. Por iso non é de estrañar que sexan nestas localidades onde se celebre o proxecto “Rudesindus” (nome co que asinaba os documentos) que destinará un millón de euros a recuperar a súa figura. A musealización da catedral de Mondoñedo, a creación dun centro de interpretación da cultura mozárabe en Celanova, tres exposicións e un congreso conforman este ambicioso proxecto.

Máis información en La Voz de Galicia, no suplemento “El Cultural” e no web da Consellaría de Innovación

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Mondoñedo, Exposicións, Catedral...