A igrexa do Mosteiro de San Rosendo, en Celanova, acolleu o pasado sábado o acto de constitución da Academia Auriense-Mindoniense que leva o nome deste santo. A institución foi fundada polas dióceses de Mondoñedo-Ferrol e Ourense coa intención de divulgar a figura e a obra deste histórico galego e mais estudar a historia da Igrexa e do monacato no noso país. No acto do sábado tomaron posesión 24 académicos que se reunirán cando menos dúas veces ao ano en Mondoñedo e en Celanova e que colaborarán na publicacion Rudesindus que terá carácter anual. Entre os membros do proxecto atopamos algúns coma Rubén Lois González, Pilar Torres Luna, José Luís Sangil, Francisco Singul ou Acisclo Manzano entre moitos outros chegados do nome da arte, da historia e da cultura en xeral.
Contitúese a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo
Os 24 membros tomaron posesión sábado en Celanova
23 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Conceptos