Se aÃnda cabe a posibilidade de que haxa quen se pregunte por qué tanto San Rosendo neste 2007, é difÃcil que acabe o ano sen que toda Galicia o teña claro. Este ano a figura deste bispo do século X, nacido Rudesindus, vai ocupar un espazo destacado na nosa programación cultural, mercé ás celebracións que desde a Igrexa e desde o Xacobeo están a se preparar. "As dióceses de Mondoñedo e de Ourense celebran os 1.100 anos do nacemento do santo" explica Francisco Singul, historiador e comisario das mostras coas que se conmemora o evento. "Isto chegou a Vaticano e o Papa decidiu outorgar indulxencias e cerrar un Ano Santo rosendiano. Para o Xacobeo supón a oportunidade de ter unha sorte de ensaio xeral de cara ao Ano Santo de 2010", completa.
Os eventos
Con estas premisas o Xacobeo organizou tres grandes exposicións que seguen o percorrido vital do santo. En Mondoñedo "preséntase a figura de San Rosendo e a súa importancia na organización do territorio mindoniense", lembra o comisario da mostra. "Logo falamos do culto que se lle deu posteriormente en toda a Idade Media e chegamos ao Barroco, cando chega a Mondoñedo a reliquia do santo e se dá unha reactivación do seu culto en toda a zona de Lugo". En Compostela, pola súa banda, o proxecto centrarase en amosar a importancia da cidade a nivel europeo no século X. "Nesta época Santiago é unha meta de peregrinación internacional, vaise construÃndo o Camiño Francés e a cidade ten importancia abonda como para que o califato lance un ataque simbólico ao que considera o corazón da cristiandade occidental". Foi esta a famosa incursión de Almanzor, que se deu uns vinte anos despois da morte do noso santo. Pezas de Al-Andalus, Bizancio e de toda Europa presentaranse canda a compoñentes audiovisuais nesta mostra. Precisamente o audiovisual terá un importante papel na exposición de Celanova. "Tentarase amosar o legado do santo, qué significa o mosteiro, os seus priorados, a súa relación con Portugal ou a construción do cenobio barroco", explica este comisario. Debemos pensar que coa fundación do mosteiro, Rudesindus sentou as bases da actual vila, construÃda literalmente no contorno do cenobio e a partir do mesmo. De feito considérase esta fundación a súa grande obra, como demostra os repetidos retiros que o santo fixo ao edificio.
Legado rosendiano
A intención do Xacobeo é que estas actividades sirvan de base para o Centro de Interpretación da Cultura Mozárabe en Galicia, que se centralizará na Capela de San Miguel, construÃda neste estilo, e que se baseará en boa medida en material audiovisual e reconstrucións tridimensionais. Tamén a aproveitar esta iniciativa, está a idea de consolidar o museo catedralicio de Mondoñedo. En xeral, desde a organización destacan a intención de que estes fastos dean nun pouso posterior. "Queremos que para finais de 2007 haxa un corpus rosendiano que deixar nas bibliotecas de Galicia e do estranxeiro", completa Singul. Para isto, ademais dos tres volumes que se editarán con ocasión das correspondentes mostras, tamén se conta coas actas do congreso que sobre o Santo se organizará xa este verán de xeito itinerante entre Santo Tirso (o berce do santo, en Portugal), Celanova e Mondoñedo.
A vida
"É unha das figuras máis interesantes da Galicia medieval", explica sen dúbida ningunha Singul. "É un grande administrador e desenvolve un importante papel polÃtico na época. Pódese dicir que é un dos construtores da Galicia Altomedieval, ás portas do ano mil, cando moita xente pensaba que viña a fin do mundo, é unha persoa de fronteira, traballando, organizando e gobernando". Realmente a carreira de Rudesindo na igrexa foi meteórica. Aos dezaoito anos accedÃa xa ao bispado de Mondoñedo, logo de amosar desde a infancia destacadas calidades para a vida eclesiástica. Claro que é moi posible que o seu nobre berce lle facilitase tan cedo ascenso, xa que substituÃu o seu propio tÃo avó no posto. A súa obra magna, no entanto, foi a fundación do mosteiro que leva hoxe o seu nome en Celanova (de feito, o nome da vila provén precisamente deste edificio). A importancia que tivo para o santo este centro foi tal que mesmo deixou o bispado de Mondoñedo para se retirar alÃ, aÃnda que diferentes vicisitudes polÃticas fixeron que tivese que voltar esa cátedra só cinco anos despois de a deixar. AÃnda retornarÃa máis tarde á súa cela, e de novo terÃa que a deixar para ocupar o posto de bispo na diocese de Iria, en Compostela. En xeral mantivo un papel activo no desenvolvemento e na polÃtica da súa época, ligado por lazos familiares ás elites galegas.
O traballo
En todos estes postos boa parte do traballo do Santo foi a ordenación territorial, un labor que exerceu particularmente na diocese de Mondoñedo."Un dos seus principais traballos é organizar o territorio. Instalou en toda a zona diferentes comunidades monásticas, puxo en valor diferentes terras e demostrou ser un grande administrador". Nese sentido, aÃnda que como fundación directa do santo só podemos falar con certeza de Celanova, Rudesindus tivo un papel destacado no reforzamento e desenvolvemento doutros cenobios coma Caaveiro, Lourenzá, PortomarÃn ou Samos. Foi asà un dos iniciadores da nosa destacada tradición monástica medieval, contribuÃndo á difusión da regra beneditina. Hai mesmo quen propón que foi o responsable da edificación da propia catedral de San Martiño de Mondoñedo. A romper tópicos sobre a Idade Media, este bispo e monxe "era un home con moita formación", explica Singal. "En Celanova posuÃa o itinerario de Exeria en Terra Santa o que demostra o seu interese en terras afastadas. Era un home con moitas inquedanzas". Boa mostra do seu interese polas novas correntes europeas está no seu propio traballo de modernización do monacato, importado do exterior.
O eco
AÃnda despois da súa morte, Rudesindus mantivo a súa importancia. Xa ao pouco de falecer comezou un culto popular á súa figura que acabou sendo recoñecido polo propio Vaticano. Deste xeito, no século XII foi canonizado. "Isto é bastante significativo e amosa como o seu labor perdurou no tempo e foi valorado", explica este historiador, "seguramente a nivel popular xa habÃa crenzas nos seus milagres e culto ás súas reliquias". A santificación contribuÃu a amplificar o eco de San Rosendo. "Despois do século XII a súa memoria incrementouse e deulle moito prestixio a Celanova, xa que un dos grandes tesouros das igrexas era posuÃr os restos de santos. De feito a cabeza do santo foi para Roma", completa. A existencia dunha fundación asistencial que leva o seu nome ou o propio xeito en que se está a lembrar a súa figura despois de mil cen anos son boas mostras de como o legado do santo continúa vivo.
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Rosetón da catedral de Mondoñedo,século XIII
FotografÃas cedidas por:S.A de Xestión do Plan Xacobeo
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Confirmación de doazón de Ordoño IV, 958. Arquivo da catedral de León
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Placa con cruz, século X. Museo de Arte Sacra,Vilanova de Lourenzá
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Vista do mosteiro de Caaveiro, A Capela
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Capela de San Miguel de Celanova,segundo terzo do século X
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Anel episcopal,séculosV-IX.Pertencente ao Tesouro de SanRosendo. Museo da Catedral de Ourense
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Catro pezas de xadres fatimita,século X. Pertencentes ao Tesouro de SanRosendo.Museo da Catedral
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Mitra,finais do século XII.Pertencente ao Tesouro de SanRosendo. Museo da Catedral de Ourense
Exposición RUDESINDUS. A TERRA E O TEMPLO
Relicario de san Martiño Dumiense. Tesouro Museu da Catedral de Braga