Un documental recrea en 3D a evolución do mosteiro de Celanova

San Rosendo 360º

12/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
19 lecturas | Compartido 0 veces
O Concello de Celanova presentará hoxe un documental de animación dixital que permite observar en tres dimensións a evolución do mosteiro fundado por San Rosendo no século X ata o enorme complexo arquitectónico da actualidade. O documental pretende explicar "cómo esta evolución arquitectónica acabou incidindo no desenvolvemento urbanístico de Celanova e, polo tanto, na configuración actual da trama urbana da vila". No interior da noticia podes ver algúns exemplos do documental.

Mira tres capturas do documental no interior da noticia; o noso tema sobre o fundador do mosteiro

CATRO MOMENTOS DA EVOLUCIÓN DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE CELANOVA









Imaxes: Concello de Celanova

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Entidades
Lugares