Manuel Maria, membro de honor de Estudios Chairegos e candidato á RAG

María de honra

O Instituto de Estudios Chairegos vén de nomear socio de honra a Manuel María polo seu apoio á proxección da Terra de Chá mediante a súa obra. O poeta tamén soa coma un dos candidatos para cubrir as bacantes da Real Academia Galega (RAG) na xuntanza que esta institución celebrará mañá. Pola súa banda, a Consellería de Cultura vén de facer públicas as actividades de promoción que desenvolverá en homenaxe a Frei Martín Sarmiento co gallo do Día das Letras.

Manuel María


O Instituto de Estudios Chairegos anunciou onte a súa intención nomear a Manuel María coma socio de honor en recoñecemento do seu traballo a prol do recoñecemento da comarca da Terra Chá mediante a súa obra poética. O acto celebrarase o dez de maio, coincidindo coa presentación da obra completa do autor.
Manuel María é tamén un dos nomes que baralla a Real Academia Galega para designar mañá como novo membro. A Academia celebra na tarde do sábado unha xuntanza na que decidirá entre tres candidatos para cubrir a cadeira que ficou baleira coa morte de Marino Dónega.













Martín Sarmiento


A Consellería de Cultura e a de educación presentaron onte en Santiago os materiri didácticos que repartirán con ocasión do Día das Letras Galegas dedicado a Frei Martín Sarmiento. Entre os material atópase a antoloxía "De Rosalía a Sarmiento, Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2002)", un cartel conmemorativo realizado por Siro López, un video didáctico de Francisco Rodríguez Fontariego no que se fala do sentimento de Sarmiento por Galicia, o libro "El gran gallego" de Antolín López e unidades didácticas para ensino primario e secundario.
Segundo o conselleiro de educación, Celso Currás, estes materiais pretenden, ademais de promocionar a figura de Sarmiento, contribuir á normalización lingüística. O libro "De Rosalía a Sarmiento" será ofrecido como agasallo por todas as librerías do país con ocasión do 17 de maio.