Editores internacionais interésanse polos produtos galegos e BD Banda esgota os seus exemplares no Saló de Barcelona

Contactos e vendas

Agardaron case ata o final. Cando se estaba a desmontar o posto Banda Deseñada Galega no Saló del Còmic de Barcelona achegáronse ata alí os representantes de Delcourt, unha das principais editoras de Francia, interesados en levar algúns dos álbums de autores galegos que estaban alí expostos. Máis concretamente foron obras de David Rubín, Pepe Carreiro e Fran Jaraba as que chamaron a súa atención. Pola súa banda, o representante da liña Vértigo da editora americana DC tamén aproveitou a última hora para levar exemplares de obras de Pepe Carreiro, Miguel Robledo, Kiko da Silva e da revista "Barsowia". Todos eles, ademais do recoñecido autor francés Christophe Blain, levaron tamén exemplares da revista "BD Banda", que esgotou os preto dos 350 exemplares que tiña á venda do seu primeiro número. Canda a estes contactos, desenvolvéronse un bo número de entrevistas de autores galegos con estes e outros editores, das que é de agardar vindeiros froitos para os nosos autores.

Máis información nos nosos arquivos sobre o Saló