David Rubín na Galega, Alberto Vázquez en Castellón e Jano no premio Coll, son as novas citas da BD

Citas post Saló

24/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O programa "Miraxes" da Galega entrevistaba a David Rubín xusto antes de que o autor partise ao Saló de Barcelona, onde se fixo co premio ao autor revelación. Agora xa se pode ver o vídeo no web desta televisión, onde Rubín aparece a partir do minuto 47. Ao tempo, o outro candidato galego ao premio, Alberto Vázquez, asistirá a partir do vindeiro 11 de maio como convidado ás III Xornadas de Cómic de Castellón. E, finalmente, debemos sinalar a presenza do coruñés Jano no I Premio Josep Coll. A Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña valorou a súa obra "O operario" e outorgoulle unha mención especial na categoría de menores de trinta anos.

Miraxes no web da Galega; as xornadas de Castellón en La Cárcel de Papele os premios Josep Coll no blog tirafrutas

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Alberto Vázquez, TVG, Cómic...