David Rubín, Alberto Vázquez e "BD Banda" candidatos aos premios do salón madrileño Expocómic

Obxectivo Madrid

24/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os premios de Expocómic, o salón de cómic que se desenvolve en Madrid o vindeiro mes, contan cunha destacada presenza galega. Por unha banda, David Rubín é candidato á mellor obra por "Corazón de tormentas", a historia que realizou no marco do Laboratorio de BD de Ourense. Pola outra, o mesmo autor pode obter o premio ao mellor guionista pola súa contribución á obra colectiva "Barsowia en llamas". Pola súa banda, a recente "Psiconautas" pon a Alberto Vázquez entre os propostos para autor revelación. Por se fose pouco "BD Banda" pode obter o premio ao mellor fanzine, unha categoría na que tamén está o "Fanzine enfermo" que conta cunha nutrida presenza galega.

Máis información en La Cárcel de Papel e no web de Expocómic

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Alberto Vázquez, David Rubín, BD Banda...