Ourense presenta un festival de cine con máis premios e homenaxe a Cela

Si todo filmfest

O Festival Internacional de Cine Independente de Ourense vaise consolidando pouco a pouco. Este ano chega á súa sexta edición con novas categorías e premios máis elevados cun presuposto que roza os corenta millóns de pesetas. Máis categorías, premios máis elevados e un novo homenaxeado, Camilo José Cela, protagonizan este festival.

Novidades


Con cinco anos de experiencia os organizadores do Festival de Cine Independente de Ourense acaban de presentar un cartel máis elaborado que noutras edicións. Unha das principais novidades é a aparición de dúas categorías: Calpurnia á mellor actriz e ó mellor actor de dotación aínda sen determinar. Ás categorías xa existentes, Gran Premio Calpurnia, Calpurnia do público á mellor película e Calpurnia do xurado ó mellor novo director europeo, incrementan as contías dos seus galardóns.
Ademais, dentro dos ciclos de exhibición no lugar de haber unha retrospectiva, como viña sendo o habitual, o que se vai a facer será una exhibición dunha filmografía cun ciclo de proxeccións específico.
Polo demais, o premio Canal Plus permanece como en anteriores edicións. a compra dos dereitos de emisión do filme a 20.000 pesetas o minuto.
E tamén como en edicións anteriores a organización do festival editará as publicacións relativas á proxeccións do festival e das figuras nel recollidas.

O homenaxeado: Cela


Se o ano pasado o homenaxeado foi Torrente Ballester, este ano o protagonista será Camilo José Cela. E dentro deste capítulo de honras, o escritor contrá cunha monografía e cunha homenaxe. A súa figura vai a ser destacada no festival de Ourense, por varios motivos. En primeiro lugar porque a súa obra foi levada ó cine varias ocasións e en segundo lugar, porque Cela foi un dos presidentes da Asociación de Cine Clubs de España. Un feito que da conta da relación do escritor co cinema.


Cartel e presuposto









Onte presentouse o cartel do festival de cine. Unha imaxe realizada polo deseñador gráfico José Vázquez que pretende resaltar no compoñente fotográfico do festival.
O Festival de Cine Independente de Ourense conta cun presuposto máis elevado que en anteriores edicións. Dos corenta millós finais vinte son aportados polo Concello de Ourense, dez pola Deputación de Ourense, oito pola Xunra e outros dous pola Unión Europea.