Preséntase en Lugo o programa "Anda na Banda", que inclúe unha liberación de BDs polas rúas da cidade

Lugo anda na banda

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Se ata o momento Lugo era unha das grandes ausencias no calendario de eventos relacionados coa BD, aquí chega "Anda na Banda" para paliar iso. A iniciativa, promovida pola Universidade de Santiago, o Concello, a Deputación, Caixa Galicia e mais Cultura, pretende difundir a novena arte entre os cidadáns. Dentro das actividades, destaca pola súa orixinalidade a liberación na cidade de 300 exemplares de diferentes BDs, maioritariamente galegas aínda que cunha destacada presenza de edicións portuguesas. Unha mostra sobre a nova revista "BD Banda", a presentación oficial do primeiro número da mesma, unha mesa redonda completan o programa.

Máis información no web do evento

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, BD Banda, Caixa Galicia

Claves

Lugares