Lugo acolle a segunda edición do encontro Anda na Banda

Voltar a andar

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O encontro “Anda na Banda” comeza en Lugo a súa segunda edición. A proxección de “De Profundis”, seguida dun coloquio con Miguelanxo Prado e Nani García dan saída ao evento, martes ás nove no Auditorio Gustavo Freire. A proposta continua esta mesma semana coa liberación de trescentas obras de BD na cidade e no campus, e para finais deste mes, con bedés portuguesas. Segundo anuncian desde a Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago, que coordina o evento, para o vindeiro mes de outubro está previsto continuar este ciclo con exposicións e outras actividades.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Nani García, Miguelanxo Prado, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares