Bota a andar a primeira edición de Lugo en Danza

O novo ciclo de artes do movemento programa actividades ata o vindeiro mes de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Bota a andar a primeira edición de Lugo en Danza

LED, Lugo en Danza é o título do novo ciclo dedicado ás artes do movemento que bota a andar este 9 de xaneiro na Cidade da Muralla. Unha clase maxistral a cargo de Janet Novás inicia un programa que se prolongará ata o vindeiro mes de maio e que coordina Cris Vilariño. A propia Novás abre a programación de espectáculos coa representación o día 10 de Mercedes máis eu no auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

Traspediante con Up2Down o 7 de febreiro e tres pezas curtas a cargo de Beatriz del Monte, o Colectivo Glovo e Alba Cotelo continuarán o 7 de marzo coa proposta. Para o mes de abril fican as propostas de Diego M. Buceta e Nova Galega de Danza, mentres en maio será Andrés Corchero o responsable de fechar o ciclo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Lugo, Cidade da Muralla, Colectivo Glovo...