BD Banda, "Golfiño" e unha homenaxe a Will Eisner conpoñen a presenza da BD galega no Cultur.gal

BD no Cultur.gal

A feira das industrias culturais Cultur.gal, que se celebra en Pontevedra a partir do vindeiro dez de maio, contará cunha destacada presenza da BD galega. A exposición sobre os cinco anos de BD Banda, a mostra das capas que Fausto realizou para a revista "Golfiño" e a homenaxe que os membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración fixeron a Will Eisner. Desde a AGPI coordinan tamén unha mesa redonda sobre ilustración en Galicia na que é de agardar se comenten tamén aspectos da novena arte. Está previsto que tamén a representación da Consellaría de Cultura no evento inclúa contidos relacionados coa nosa BD, e que distribúa o catálogo de autores en mini-CD que xa levou a Barcelona.

Máis información no
web do Cultur.gal