Os libreiros premian a editoriais, institucións e autores nos seus décimo sétimos premios anuais

Irmáns do libro

O xurado dos Premios Irmandade do Libro, que organiza anualmente a Federación de Libreiros de Galicia, acordou concederlle o galardón á obra editorial do ano a "Feismo? Destruír un país", da editora Difusora das Letras. A novela de Manuel Rivas “Os libros arden mal” editada por Edicións Xerais fíxose co galardón ao mellor título do ano. A librería LER de Santa Comba no apartado de librerías, o Centro de Investigación Ramón Piñeiro resultou gañador na categoría de institucións e a Biblioteca virtual da Asociación de Tradutores Galegos, BIVIR, na categoría de medios de comunicación, foron outros dos galardoados da noite. Os premios foron entregados en Carballo ao remate da cea que a organización de libreiros organiza anualmente para facer pública a entrega de premios. Anteriormente á gala xa era público o premio de autor/a do ano para Fina Casalderrey.

Máis información en Literactúa de Carballo