Cultura conmemorará o 125 aniversario da primeira representación de teatro en galego

Aniversario xeral

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 13 de agosto de 1882 o Liceo Brigantino da Coruña estreou a obra de Francisco de la Iglesia “ A fonte do xuramento”. Ten de peculiar que foi a primeira representación de teatro en galego. Un fito histórico do que se cumpren 125 anos e que a Consellaría de Cultura quere conmemorar. Para iso elaborará un Plan Xeral das Artes Escénicas que que identifique as necesidades do teatro e as liñas de actuación para integrar estas disciplinas na vida cultural do país. Canda a este proxecto, haberá unha exposición didáctica itinerante, unha campaña específica nos medios de comunicación e unha programación escénica especial con 125 funcións de espectáculos de pequeno formato.

Máis información no Boletín e_scena (en pdf)

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, Medios de comunicación, IGAEM