A representación de A fonte do xuramento de Francisco María de la Iglesia marcou o inicio da escena galega. 125 anos despois, a Consellaría de Cultura quere conmemorar o seu nacemento cunha programación que abrangue unha exposición didáctica (a inaugurar en xuño), un congreso (para o outono), unha campaña publicitaria e 125 escenificacións en espazos atípicos destinadas a captar público pouco asiduo ao teatro. A conselleira Ánxela Bugallo avanzou que en outono se coñecerá o I Plan Galego das Artes Escénicas que trazará a política teatral dos vindeiros anos, ademais de presentar unha nova publicación. Chámase Paraíso e achegará a información das actividades da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Máis información no web da Consellaría de Cultura e sobre as actividades na nosa nova