Un poema de Xavier Queipo pode lerse no idioma orixinal na Grand Place de Bruxelas

Unha pica en Bruxelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Elixido xunto con outros oito escritores para participar na iniciativa WIT (branco, en lingua flamenca) o compostelán Xavier Queipo ven de situar o seu poema “As leis do caos: fluxo e mutabilidade” no patio do edificio do Concello de Bruxelas. O poema pode lerse alí ata o 17 de marzo no seu orixinal en galego así como engade traducións ao flamenco, inglés e francés. Todos os poemas presentáronse o día 2 de marzo nun recital no Museo de Belle-vue no que os propios escritores leron as súas obras. A obra de Queipo está feita para a ocasión e dedicada ao físico belga Ilya Prigogine, Premio Nobel de Física que investigou as leis do caos.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bruxelas, Xavier Queipo, Escritores, Nobel...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares