Xavier Queipo será un dos poetas oficiais da cidade de Bruxelas

Queipo poeta oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O escritor compostelán afincado en Bruxelas Xavier Queipo é un dos elixidos para representar á poesía urbana da cidade belga dentro do festival da comunidade flamenga, Gulden Ontsporing, que comezará o vindeiro 11 de xullo. Queipo é un dos catro poetas de diversas linguaxes e culturas seleccionado para formar parte dun colectivo de poesía urbana representativo desta cidade no que tamén están un flamengo un francés e un marroquí. Este colectivo de poetas urbanos multicultural fará cinco recitais ao ano comezando este 11 de xullo, cando lerán en público na institución cultural deBuren os seus poemas entre os que haberá un creado para a ocasión.

Máis información en deBuren

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Queipo, Bruxelas, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares