Consultas abertas de poesía en Vigo

Cinco poetas a disposición dos lectores en 'Poetas De Garda'

2/10/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Asociación Cultural Río Lagares de Vigo presenta este vindeiro sábado unha nova actividade arredor da literatura poética. O escritor Xavier Queipo coordina 'Poetas De Garda' que reunirá a cinco nomes da poesía galega actual: Antonio García Teijeiro, Pepe Cáccamo, Xabier Paz, Inma López Silva e Branca Trigo. O acto consistirá na interacción reflexiva entre autores e público tras do recitado dun poema seleccionado por cada como tratamento específico garantindo que en cada momento haxa dous poetas/condutores en simultáneo. Do mesmo modo, realizarase como unha sorte de terapia de grupo onde a interacción será total.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vigo, Antonio García Teijeiro, Xabier Paz...