A Xunta substitúe o Ingabad por clases a través de Internet

Estudios a extinguir

O Instituto Galego de Bacharelatos a Distancia (o INGABAD) está en vías de extinción. De feito, este ano cúrsanse os últimos estudios. A Consellería de Educación decidíu substituílo por unha formación a través de Internet. Unha decisión que xa tivo as primeiras voces de protesta. Foron as de Vigo, onde o centro que goaba dunha matrícula de 1.300 alumnos pechará as súas portas. E dunha modalidade do ensino a outra, á Universidade, onde o Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos (GIST) acaba de conseguiro primeiro premi da Conferencia Mundial da World Wide Web.



Fin do Ingabad

A finalización do antigo BUP e o seu correspondente COU, e a implantación da nova lei, trouxo contigo que a Consellería de Educación decidise suprimir o Instituto Galego de Educación a Distancia que actualmente se impartía en doce centros en toda Galicia (Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago, Burela, Lugo, Monforte, Barco, Ourense, Verín, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía). Unha decisión que non gustou moito na cidade de Vigo, onde o centro gozaba dunha matrícula moi elevada (uns 1.300 alumnos de media, ata que a Xunta decidíu non incorporar o plan novo ós planos de estudio do bacharelato a distancia, cando o número de estudiantes diminuíu ata 400). E este tema foi o que abordaron onte o director do Ingabad vigués, Xosé Francisco Pardo, e o alcalde de Vigo, Lois Castrillo, onde o concello apoiará ó centro vigués.
A alternativa que ofrece á Xunta á desaparición do Ingabad é un método de ensino baseado na rede que se centralizará desde un isntituto ubicado en Santiago de Compostela. Algo que se censura desde o centro vigués ó ter en conta dúas consideracións: a primeira o escaso uso e acceso da poboación galega á Internet, e a segunda porque esta modalidade de ensino estaba pensada para xente cunha problemática moi definida, que viña de fracasar no BUP ordinario e á que había que motivar. Unhas características que consideran que a Internet non mellorará.











Premio na Universidade


O Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos (GIST) da Escola de Telecomunicacións de Vigo acaba de sumar un premio máis ó seu recoñecemento. Trátase do primeiro premio do apartado de ensino da Confrencia Mundial de World Wide Web que promove Times Berners Lee, que foi inventor das páxinas web. E alí estaba Luis Anido, un profesor titular interino da Escola de Telecomunicacións, que foi o encargado de desenvolver o traballo de investigación agora premiada. Un traballo que parte da necesidade de aforrar costes no software e no desenvolvemento dos contidos. E isto supón aproveitar contidos e reutilizar programas que se interconecten ente sí. E isto evitaría problemas actuais como os de no poder acceder a un determinado curso por non dispoñer do software capaz de xestionalo. Aínda que o encargado de presentalo foi Luis Anido, no proxecto participaron tamén outros profesores como Juan M. Santos, Judith Rodríguez, Manuel Caeiro, Manuel, J. Fernández e Martín Llamas.