Xestoso organiza unhas xornadas de exaltación do grelo mentres Lalín entrega os seus premios gastronómicos

Todo para comer

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Casa Manolito en A Coruña, As palmeiras en Lalín e Andrés López do restaurante “The Bull Inn” en Inglaterra son algúns dos gañadores dos Premios de Gastronomía de Galicia que concede o concello de Lalín. Nas categorías de “Toda unha vida” e “Potenciación da cociña galega” o xurado fallou onte os galardóns que pretenden recoñecer o traballo a prol da cociña galega. Seguindo coa gastronomía, os restaurantes do Val de Xestoso (Monfero) estarán ata o vindeiro cinco de febreiro atarefados en dar a coñecer as propiedades do grelo desta zona nas cuartas xornadas de gastronomía arredor deste produto.

Máis información sobre os premios gastronómicos no web do concello de Lalín e en La Voz de Galicia e sobre as actividades en Xestoso no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Concello de Lalín, La Voz de Galicia, Inglaterra...