O CGAI leva a Santiago as películas máis antigas que se rodaron en Galicia

Pioneiros en Santiago

20/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Tal e como se anunciou, o CGAI estenderá a súa programación máis alá da cidade da Coruña na que ten a súa sede. Unha mostra é o ciclo “Pioneiros do cinema” que o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, vén de presentar. A partir do mércores, o Teatro Principal de Santiago acollerá a proxección de dous documentais: “Botadura del Acorazado Alfonso XIII” (1913), rodado en Ferrol e o portugués “O Ano Santo em Compostela (1915)”. Canda a eles “Miss Ledya” (1916) a primeira película de ficción que se conserva rodada en Galicia. O grupo de jazz Abe Rábade Trío será o encargado de acompañar musicalmente estas pezas do cine mudo.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Abe Rábade, Manuel José Fernández...