Patrimonio aproba o Camiño de San Andrés de Teixido mentres Carnota crea unha ruta sobre o Prestige

Para ir a Teixido... e ao chapapote

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Corenta quilómetros de camiños polos concellos de Valdoviño, Cedeira, Narón e Ferrol compoñen o Camiño de San Andrés de Teixido que vai recuperar a Asociación Costa Ártabra. O proxecto acaba de conseguir o apoio de Patrimonio, que insta os concellos afectados a protexer o itinerario. Ao tempo, en Carnota anuncian a creación dunha "Ruta solidaria" que durante cinco quilómetros percorrerá a costa e lembrará o traballo dos voluntarios que participaron na limpeza do noso litoral durante a catástrofe do Prestige.

Máis información en Diario de Ferrol e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Prestige, Carnota, Chapapote...