Bugallo asegura no Parlamento que a Cidade da Cultura suporá un foco dinamizador cultural e económico

CDC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, acaba de comparecer no Parlamento para concretar polo miúdo o proxecto do Executivo para a Cidade da Cultura (CDC). Ademais do xa anunciado, os tres eixes temáticos, a conselleira apuntou que o modelo de xestión será o dunha rede de fundacións que estará dirixida pola Fundación Cidade da Cultura. Esta fórmula, que chega despois de aprobar a nova Lei de Fundacións, permitirá integrar con facilitade o sector privado. Ademais, a CDC contará cun centro comercial cultural que servirá para fomentar a comercialización de produtos e servizos deste sector. Escoita aquí a intervención da conselleira.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e sobre o proxecto na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Ánxela Bugallo, Cidade da Cultura de Galicia