Boa parte da opresión que transmite “Cargo”, ou da tensión que ten a persecución policial detrás dos narcos en “Entre bateas” vén polo ritmo que imprime a música. As bandas sonoras son moito máis que músicas que acompañan o devenir das imaxes, son as que contribúen a crear as atmósferas. PedÃmoslle a Piti Sanz, Sergio Moure e Nani GarcÃa que nos explicasen as súas composicións preferidas. Escóitaas aquÃ.
O ambiente sonoro ten cada vez máis importancia nunha pelÃcula. É o que permite darlle ese aspecto auténtico e reforzar as emocións creadas no guión. Ademais, o aspecto sonoro dunha produción audiovisual (sexa para televisión ou cine) é cada vez máis importante. Nani GarcÃa, autor da angustiosa música da próxima produción de Adivina, “O neno de barro”, á que chega despois do atÃpico proxecto de animación, “De profundis” (con Continental e a primeira longametraxe de Miguelanxo Prado), considera que “é nas longametraxes onde se vai todo o esforzo en crear unha boa atmosfera sonora”. Sen embargo, tanto Nani como Piti Sanz (“Selección galega. Setenta anos despois”, “A palabra no tempo” e “O rÃo ten mans”) ou Sergio Moure (“Inconscientes”, “Ecos” ou “Cargo”) coinciden en que o aspecto sonoro dunha pelÃcula está a cobrar cada vez máis importancia. “Unha pelÃcula é un todo que está formado por diferentes partes, nas que o aspecto sonoro ten tanta importancia como a imaxe e a interpretación, e empezamos a tomar consciencia disto” apunta Piti Sanz.
Que vai antes, a música ou as imaxes?
Para Piti Sanz “o óptimo é cando o director monta sobre música”. Sen embargo, cada compositor recoñece que existen tantas formas de traballar como directores hai. “En “Entre bateas” Jorge Coira montou o tema principal sobre a música e o resultado é abraiante. De todos xeito esta foi unha produción moi curiosa, todo acabou sendo moi rápido porque resultou que a música funcionaba moi ben. Pero sobre todo porque é a vantaxe de cando o director e o compositor se coñecen”. Ao lado de casos coma este que describe Piti, Nani GarcÃa explica que “o primeiro paso é falar co director e, ademais de ler o guión que permite ver a atmosfera que se lle quere imprimir á pelÃcula”. Cada quen ten a súa forma de traballar e Nani apunta que “hainos que “encarga a música cando hai un copión (primeira montaxe) mentres que hai outros que van matizando a atmósfera sonora cando se traballa”. A este respecto Sergio Moure engade que “hai directores que queren unha referencia musical antes de rodar”.
Nani GarcÃa explica que nunha produción audiovisual “a primeira parte hai que ter unha parte técnica e logo ter unha estética. Entón, unha vez establecidas as directrices estéticas hai que falar co produtor, porque moitas veces están limitadas por cuestións de presuposto”.
Diferentes producións, diferentes estilos
Un compositor ha de ser versátil e saber diferenciar unha composición para unha longametraxe, para unha curta, documental ou unha serie. Os tres músicos consultados teñen traballado todos os xéneros e sufriron en carne propia as peculiaridades dos diferentes formatos. Por exemplo, Piti puxo a música en “Terra de Miranda” e asegura que “na serie normalmente faise a cabeceira e unha baterÃa de músicas ambientais e lufadas, AÃnda que hai excepcións como en “Pepe o inglés” no que facÃa música para cada capÃtulo con diferentes motivos musicais en función do seu contido ou dos temas que trataban”. Pola súa parte, Nani GarcÃa recorda con entusiasmo a música de “As leis de Celavella” , “foi unha serie da que me gustaron moito as músicas, aÃnda que estaba moi limitado en canto a temas de produción”.
Ademais, non todas as bandas sonoras teñen a mesma duración. Hainas que teñen ata sesenta minutos de música, como foi o caso de “De bares” de Nani GarcÃa ou mais, como “De profundis” deste mesmo compositor, ata outras con catro ou cinco temas e unha serie de toques musicais.
Outros nomes
Xunto con estes tres compositores, hai otros nomes relacionados co sector audiovisual. Arturo Kress (“O soño dunha noite de san Xoán”. “o bosque animado” ou “Rescate no xeo”), Davizmorales (“A Catástrofe do Prestige” ou “Mar de estrelas”) ou Chencho Campos (“O don da dúbida”, “Dereitos de autor” ou “Un asunto pendente”) son algúns dos músicos que teñen ideado composicións para traballos audiovisuais. Entre eles destaca o nome de Manuel Balboa (A Coruña, 1958- 2004) . Foi o autor das bandas sonoras de “A ferida luminosa”, “O avó” ou “Canción de Berce” de José LuÃs Garci. De feito recibiu un premio Agapi polo seu traballo en “Divertimento” e un dos seus últimos traballos foi a BSO de “Ilegal” de Ignacio Vilar. Un dos compositores galegos máis coñecidos de todo o panorama musical no sector audiovisual.