Achegarse ao problema dos lumes forestais desde os máis variados puntos de vista. Este é o obxectivo da serie de debates temáticos que o Consello da Cultura Galega inicia hoxe cunha sesión dedicada ás cuestións ecolóxicas e silvícolas. Ata trinta especialistas no campo, desde ecoloxistas e biólogos a representantes do sector forestal, danse cita hoxe no Pazo de Raxoi para analizar esta cuestión. O debate continuará, nun formato semellante, con dúas novas sesións en marzo e en abril centradas respectivamente na xestión do monte e na percepción social do problema.
Unha das preguntas que se abordan hoxe é a polémica sobre se a reforestación con especies frondosas é axeitada para recuperar os montes queimados. Preguntámoslle sobre isto a dous dos participantes neste foro:
Francisco Dans Del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia
Xosé Veiras, vicecoordinador da Asociación Verdegaia
Francisco Dans Del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia
Xosé Veiras, vicecoordinador da Asociación Verdegaia
Descarga o libro "Os incendios forestais en Galicia" na nosa biblioteca
