Rexina Vega gaña o Premio Xerais de Novela, Carlos López o Merlín de Literatura Infantil e An Alfaya o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil

Tríada de premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Quixen ser escritora, e tardei moito, tanto que crin que ese desexo ía apodrecerme dentro”, asegura Rexina Vega, a flamante gañadora do Premio Xerais de Novela, fallado na Illa de San Simón este sábado. “Cardume”, a súa novela, narra a historia dunha familia viguesa desde finais da Guerra Civil ata os anos 70, “un álbum de recordos novelados”. Pola súa banda Carlos López, guionista do dúo de humoristas gráficos Pinto & Chinto, gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, concedido tamén por Xerais, con “Minimaladas”, oitenta e catro historias moi curtas con humor e poesía protagonizadas por animais e que, na súa edición impresa, estarán acompañadas polas ilustracións de David Pintor. Á súa vez, a escritora An Alfaya gañou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con "Illa Soidade", unha novela de iniciación co trasfondo da mendicidade. Os tres autores cóntannos o argumento das súas obras gañadoras.

Rexina Vega, sobre "Cardume":


Carlos López, sobre "Minimaladas":


An Alfaya, sobre "Illa Soidade":

Descarga e le unha mostra do orixinal de Minimaladas
Descarga e le unha mostra do orixinal de Contra o cardume

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Literatura, Carlos López, Rexina Vega...